A aplicación Facebook Messenger para iOS e Android actualizouse na xornada de onte engadindo a posibilidade de, aparte de intercambiar mensaxes de texto cos nosos contactos, poder gravar e remitir pequenas mensaxes de voz (cunha duración máxima de 2 minutos), o que pode resultar moi práctico para situacións nas que se quere dar unha explicación un tanto longa e resulte máis áxil facelo de viva voz que a través de texto.
Pero parece que esta funcionalidade non é máis que un experimento do que pode estar a preparar Facebook para poder facer fronte a competidores como WhatsApp e LINE, xa que en Canadá a actualización do Facebook Messenger facilita a realización de chamadas de voz sobre IP coa persoa coa que esteamos a chatear, na liña do mencionado LINE, o que pode ser unha prestación que realmente pode contribuír a quitarlle terreo ao omnipresente WhatsApp.
Facebook Messenger incorpora mensaxes de voz
Compartir Este Artigo

