Facebook presenta un novo xeito de descubrir e compartir música

xoves, 5 de novembro do 2015 Marcus Fernández

Aínda que nas redes sociais é habitual compartir imaxes e vídeos, coa música a relación nunca foi tan fluída, e dende Facebook parecen querer mudar a tendencia, de xeito que presenta as Music Stories, un novo xeito de descubrir e compartir música, que inicialmente só está dispoñible dende a aplicación de Facebook para iPhone, e que permite aos usuarios escoitar unha mostra de 30 segundos de música achegada de Apple Music ou Spotify (en función da orixe do contido compartido) o que tamén serviría par promover a compra deses temas musicais.
As mostras de música de Apple Music e iTunes aparecen directamente en Facebook, e cando o usuarios fai clic na música, poderá acceder ao tema completo en Apple Music ou á súa compre en iTunes, mentres que os contidos de Spotify reproduciranse directamente sen ter que deixar Facebook para engadilos á nosa colección musical. Dende Facebook confían en ir ampliando os servizos musicais que dan este tipo de posibilidades en breve.
Este tipo de funcionalidade de Facebook busca facilitar que os artistas poida compartir a súa música, que os usuarios poidan compartir a súa música favorita cos amigos e, en definitiva, mellorar a experiencia de uso de Facebook.

PUBLICIDADE