Snapchat pode ser a última aplicación de moda en smartphones, converténdose no obxectivo de grandes compañías (como Facebook e Google) de cara á súa adquisición como aconteceu no seu momento con Instagram, pero un fallo de seguridade podería prexudicar seriamente á imaxe desta ferramenta, facendo que os usuarios perdesen a confianza na mesma, xa que permitiu a filtración de 4,6 millóns de números de teléfono e de usuario do servizo.
Na web contamos con ferramentas para poder consultar se o noso número de teléfono é dos afectados pola filtración (sen amosar os dous últimos díxitos para evitar problemas) á vez que están a darlle publicidade ao formulario en liña que permite a cancelación da nosa conta en Snapchat, algo que poderían facer case de inmediato moitos usuarios segundo vaian sendo conscientes da problemática de empregar aplicacións móbiles que non coiden a seguridade dos nosos datos persoais.
Mentres dende Snapchat aseguran que non hai un problema de seguridade, expertos na materia continúan a afirmar que os fallos que facilitaron esta filtración seguen sen corrixir (detallando incluso que hai problemas de seguridade que levan meses presentes, demostrando certo descoido por parte de Snapchat en materia de seguridade).
Filtran 4,6 millóns de nomes de usuario e números de teléfono de usuarios de Snapchat
Compartir Este Artigo

