Fortnite declara a guerra a Apple e Google
xoves, 13 de agosto do 2020
Dende
Epic Games lanzaron un órdago ao presentar
unha nova forma de pagamento para iOS e Google Play en Fortnite, o
chamado pago directo a Epic, que trátase do mesmo sistema empregado para
procesar operacións en ordenadores persoais, evitando asà pasar polas
plataformas de pagamentos de Apple e Google, o que premian con descontos
de até un 20% ao adquirir PaVos, xa que evitan as comisións (do 30%) polas
operacións que impoñen os responsables das tendas de aplicacións, o que supón
unha vantaxe directa para Epic e para os consumidores, pero non asà para Apple
e Google, o que claramente é unha declaración de guerra ás condicións
comerciais das principais tendas de aplicacións para iOS e Android.
A reacción dos xigantes tecnolóxicos non se fixo agardar, e Apple procedeu
retirando Fortnite da App Store por violar as súas condicións de uso,
facendo Google o mesmo, pero coa diferenza de que en Android existen outros
métodos para instalar o xogo (como tendas de aplicacións alternativas ou a
instalación directa do xogo).
O enfrontamento entre Epic Games e Apple é asà moito máis cru, e para ilustralo
chegaron a crear un vÃdeo no que parodian o histórico anuncio televisivo co que
presentouse en sociedade o Macintosh á vez que prepararon un borrador de
demanda xudicial no que denuncian o
abuso de Apple no monopolio que exerce para a publicación de aplicacións en iOS,
ou sexa, que non están a pedir unha redución das comisións da App Store, senón
o cambio das normas de Apple.
Sobra dicir que nin o texto da demanda nin o vÃdeo paródico son contidos que
poidan elaborarse en poucas horas, deixando claro que estamos ante un plan artellado
por Epic Games para atacar ao modelo de negocio establecido polas tendas de
aplicacións móbiles aproveitando a relevancia que actualmente ten Fortnite,
o que poderÃa levar a que os reguladores entrasen a tomar partido no conflito.
De feito, o tema das condicións da App Store xa está a ser materia de investigación
en Comisión Europea tras unha denuncia de Spotify, e o conflito con Epic
poderÃa apoiar o argumento de que Apple ten o monopolio das aplicacións en iOS,
o que xustificarÃa que lle impuxesen unhas novas normas para a App Store, que
irÃan dende a redución das comisións (ou a autorización de empregar sistemas de
pagamento externos dentro das apps) até a autorización da creacións de
aplicacións dende as que se puidesen adquirir outras aplicacións.
VÃdeo no que Epic Games parodia o anuncio do Macintosh de 1984