Gato Salvaje presenta o seu novo proxecto: The Waylanders
martes, 13 de marzo do 2018
O estudio coruñés
de videoxogos Gato Salvaje presentou esta mañá na sede de Afundación o seu último
proxecto en desenvolvemento, asà como anunciou os eixes da súa estratexia
empresarial, dirixida a dar un salto cualitativo e a servir de tractor do
sector de videoxogos en Galicia, en retroceso nos últimos meses, pese a que
estamos ante a industria cultural que máis medra a nivel mundial.
Entre as iniciativas do estudio está a creación dunha aceleradora para axudar a
que novos proxectos de videoxogos estean máis orientados ao mercado, asà como
unha editora que facilite o lanzamento dos mesmos. Tamén continuarán o seu
traballo de asesoramento en materia de micromecenado, no que teñen bastante experiencia.
The Waylanders
- Fernando Prieto confirma en que o traballo de Gato Salvaje sexa tractor do sector dos videoxogos en Galicia
Gato Salvaje Studio está a centrar os seus esforzos actuais na creación de The Waylanders, videoxogo do que
comezaron o seu desenvolvemento hai 8 meses (involucrando a 38 profesionais), e
que ten programado o seu lanzamento para o primeiro trimestre de 2020, precisando
para facelo posible un orzamento próximo aos 2 millóns de euros, de xeito que
serÃa un dos proxectos máis ambiciosos a nivel estatal e para o que prevén
contar cun 40% de financiamento público e un 60% privado, segundo comentou
Fernando Prieto, produtor executivo quen asegurou que o xogo estará dispoñible
tanto en PC como en consolas, aÃnda que nestas últimas plataformas están a ser
prudentes de cara ao inicio do desenvolvemento, por considerar que estamos nun
momento demasiado sensible para iniciar traballos, xa que é moi probable que
antes de 2020 se produza un cambio de xeración en Xbox e PlayStation, polo que
posiblemente traballen coa vista posta na vindeira xeración de consolas. Tamén
confirmou que van estar presentes nas principais feiras internacionais (E3,
GDC, Gamescom...) para dar a coñecer o seu traballo
The Waylanders será un xogo de rol baseado
en lendas e mitoloxÃas galegas, estando ambientado nas épocas celta e medieval,
ao redor do Camiño de Santiago. Será unha historia de fantasÃa con temática de
espada e bruxerÃa, dirixida a un público adulto, que é o maioritario (o 72%) no
consumo de videoxogos.
Na presentación do auditorio de Afundación amosaron os primeiros contidos
artÃsticos e técnicos do xogo, asà como tamén fixeron unha demostración do sistema de captura de
movementos de Xsens, para o que contaron coa participación de Ton Puey, membro fundador da Asociación
Galega de Esgrima Clásica, quen vestÃa un traxe especial equipado con sensores
que rexistraban os seus movementos para reflectilos en pantalla en tempo real
nun personaxe virtual. Esta tecnoloxÃa resulta de grande utilidade para
rexistrar os movementos dos personaxes que formarán parte do xogo, conseguindo
asà un grande realismo á hora de presentalos en acción.
- Ton Puey demostrou a tecnoloxÃa de captura de movementos de Xsens que Gato Salvaje está a empregar no desenvolvemento de The Waylanders
- Prieto asegurou que The Waylanders involucrará a 38 profesionais no seu desenvolvemento
- Gato Salvaje Studio é unha das poucas compañÃas que está a empregar a tecnoloxÃa Xsens en España