Ghost of Tsushima chega ás tendas presumindo dun 40 sobre 40 en Famitsu
venres, 17 de xullo do 2020
O agardado xogo exclusivo para PS4 Ghost of
Tsushima de Sucker Punch tiña
previsto o seu lanzamento para o pasado 26 de xuño, pero o
adiamento de The Last of Us Parte II ao 19 de xuño provocou un reaxuste
no calendario de lanzamentos, de xeito que o tÃtulo ambientado na illa de
Tsushima a finais do século XIII non estivo dispoñible até hoxe mesmo.
Ghost of Tsushima colócanos no rol do guerreiro samurai Jin Sakai, un
dos últimos superviventes do seu clan tras a invasión mongola liderada polo
desapiadado e enxeñoso xeneral Khotun Khan. Teremos que facer o que sexa
preciso para que Sakai protexa á súa xente e recupere o seu fogar, para o que
deberá desprenderse das tradicións que o formaron como guerreiro para forxar un
novo camiño como Pantasma e librar asà unha guerra pouco convencional
pola liberdade de Tsushima.
Os mongois son inimigos formidables aos que haberá que ir adaptando as
habilidades de Jin e aprender novas tácticas para defender a illa e protexer á
súa xente. Poderemos gozar dunha experiencia inmersiva de combate samurai corpo
a corpo coa nosa katana, pero tamén dominar o arco para atacar a distancia e desenvolver
tácticas de sixilo e engano para desorientar aos inimigos e tenderlles
emboscadas con ataques sorpresa.
Estamos ante un xogo bastante ambicioso que, aÃnda que non sexa para un público
moi amplo, está a recibir boas crÃticas, tendo
a honra de formar parte do exclusivo grupo de xogos que recibiron unha
puntuación perfecta na revista xaponesa Famitsu (mérito só acadado por 27
tÃtulos), aÃnda que medios españois como Vandal e Meristation son máis
realistas e outórganlle ao xogo un 8,5 sobre 10, o que é unha magnÃfica
puntuación, aÃnda que resulta evidente que a poucas semanas do lanzamento de The
Last of Us Parte II resultarÃa inverosÃmil darlle unha puntuación superior
ao xogo de Sucker Punch cando está varios chanzos por debaixo en case todos os
aspectos.
Tráiler de lanzamento de Ghost of Tsushima