GitHub Copilot chega aos 20 millóns de usuarios
xoves, 31 de xullo do 2025
Microsoft pechou o seu cuarto trimestre fiscal cun crecemento robusto impulsado polo rendemento da súa nube e polas innovacións en intelixencia artificial, segundo anunciou a compañÃa na súa nota de resultados. A multinacional de Redmond ingresou 76.400 millóns de dólares entre abril e xuño de 2025, un 18 % máis que no mesmo perÃodo do ano anterior, cun beneficio neto de 27.200 millóns, un incremento do 24 %.
Satya Nadella, presidente e conselleiro delegado de Microsoft, destacou especialmente o avance de GitHub Copilot, que segundo el «segue medrando con forza no entorno dos IDE grazas a funcionalidades como o modo Axente e novas formas de uso como os axentes de programación, capaces de executar tarefas asincronamente en nome dos desenvolvedores».
Neste contexto, os proxectos de intelixencia artificial están a transformar GitHub. Nos últimos doce meses, os repositorios relacionados con IA duplicáronse e multiplÃcanse os pull requests e proxectos impulsados por axentes de código como Claude Code, Codex, Cursor ou o propio Copilot. Como resultado, GitHub Copilot xa conta con 20 millóns de usuarios e o número de clientes da versión empresarial medrou un 75 % con respecto ao trimestre anterior, a medida que as compañÃas personalizan Copilot para adaptalo aos seus propios repositorios. En palabras de Nadella, «o 90 % das empresas do Fortune 100 xa utilizan GitHub Copilot».
No conxunto do exercicio fiscal 2025, Microsoft acadou ingresos por valor de 281.700 millóns de dólares, un 15 % máis ca no anterior, cun beneficio neto de 101.800 millóns.
A división de servizos intelixentes na nube (Intelligent Cloud), que inclúe Azure, ingresou 29.900 millóns no trimestre, un 26 % máis, con Azure e outros servizos na nube medrando un 39 %. Pola súa banda, a área de produtividade e procesos empresariais, na que se integra GitHub xunto con Microsoft 365 e Dynamics, ingresou 33.100 millóns, un 16 % máis que hai un ano.
O ritmo de crecemento evidencia o peso crecente que a IA e as ferramentas para desenvolvedores teñen dentro da estratexia de Microsoft, consolidando GitHub Copilot
