Google Duo proba as videoconferencias en grupo

luns, 31 de decembro do 2018 Marcus Fernández

Nos últimos meses boa parte das aplicacións que permiten a realización de videoconferencias incorporaron a posibilidade de realizar estas comunicacións en grupo, e agora chegou o momento de que Google Duo faga o propio. Aínda que a funcionalidade aínda non é oficial e está limitada a uns poucos usuarios, xa hai evidencias de que está en probas, de xeito que en poucas semanas poderiamos ver como Google Duo permite que nas chamadas de vídeo poidan participar até 7 persoas.
Para establecer cunha videochamada para varios usuarios será preciso crear un grupo de contactos, e dentro do mesmo iniciar unha videoconferencia, de xeito que calquera das persoas do grupo poderá así participar.

PUBLICIDADE