Google estrea en España a Vista creada con IA
mércores, 26 de marzo do 2025
Google anuncia hoxe que o seu sistema de Vista creada con IA (AI Overviews), que facilita novos xeitos de atopar información na web aproveitando a intelixencia artificial, está a ampliar as súas probas chegando a novos paÃses europeos como España, onde será posible gozar desta prestación se empregamos o buscador de Google en español ou inglés.
A Vista creada con IA nos resultados de busca estará visible cando os sistemas de Google consideren que resultan de maior utilidade, con ligazóns destacadas á páxina web na que poder ampliar a información, aÃnda que limitando a funcionalidade a consultas realizadas por usuarios que iniciaran sesión en Google e sexan maiores de 18 anos.