Google presenta os seus novos dispositivos con Android
martes, 29 de setembro do 2015
Hoxe era o dÃa no que a Google tocáballe presentar os seus novos smartphones da familia Nexus, pero non quixo que os produtos chegase sos, e aproveitou a ocasión para renovar o seu Chromecast e presentar un novo dispositivo Pixel, enriquecendo asà o seu catálogo de dispositivos a tempo para a campaña de Nadal.
Novos smartphones con Android 6.0
- O Nexus 6P é o primeiro Nexus con corpo totalmente metálico (de aluminio anodizado de grao aeronáutico)
Os novos smartphones que chegan para achegar ao mundo Android 6.0 Mashmallow chegan en dous tamaños
diferentes, adaptándose asà a un maior público, comezando por un sucesor do
Nexus 6, dispositivo que non conseguiu callar no mercado polo seu elevado
tamaño, e que agora pásalle o relevo ao Nexus 6P, o primeiro Nexus
de corpo totalmente metálico (utiliza aluminio de grao aeronáutico) que foi
fabricado por Huawei (demostrando a confianza de Google nos fabricantes
chineses que tanto están a facer por Android) e que agora conta cunha pantalla AMOLED
de 5,7 polgadas (cunha resolución de 2.560 x 1.440 pÃxeles e Corning Gorilla
Glass 4), procesador Qualcomm Snapdragon 810 de 64 bits, cámara de 12,3
MpÃxeles e baterÃa de 3.450 mAh con carga rápida por USB-C.
Este potente teléfono chega con 3 GB de RAM (LPDDR4) e 32/64/128 GB de
almacenamento interno, a súa cámara frontal é de 8 MpÃxeles, conta con sensor
de pegadas dixitais, está equipado con 3 micrófonos con cancelación de ruÃdo e
altofalantes frontais estéreo, ten conectividade LTE de categorÃa 6, Wi-Fi AC,
Bluetooth 4.2 e NFC, o seu grosor é de só 7,3 milÃmetros e pesa 178 gramos.
Todo un xigante que sairá á venda a un prezo que partirá dos 649 euros.
VÃdeo promocional do Nexus 6P
Dado que este dispositivo é demasiado grande para a meirande parte de usuario,
Google decidiu retomar a liña marcada polo seu moi ben recibido Nexus 5, e
presentou o Nexus 5X,
de novo fabricado por LG, e que chega cunha pantalla de 5,2 polgadas, cámara de
12,3 MpÃxeles e porto USB-C, conseguindo certa equiparación co seu irmán maior
(aÃnda que apostando por unha carcasa de policarbonato), pero cun prezo de
partida de 479 euros que o fai máis asumible, aÃnda que se afasta moito do que
esperaban os actuais usuarios do Nexus 5 (que no seu dÃa saÃu á
venda a un prezo de 349/399 euros nos seus modelos con 16/32 GB de
almacenamento interno).
Este novo teléfono funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 808 de 6 núcleos
a 1,8 GHz, ten 2 GB de RAM, 16/32 GB de almacenamento interno, pantalla Full
HD, cámaras de 12,3 e 5 MpÃxeles, LTE, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.2, NFC, lector de
pegadas dixitais, baterÃa de 2.700 mAh recargable mediante USB-C, un grosor de
7,9 milÃmetros e un peso de 136 gramos, que serÃa asà un produto moito máis
modesto que o seu irmán maior, pero buscando coller o relevo do anterior Nexus
5.
Un dos detalles que menos está a gustar destes novos teléfonos dende España é a
súa polÃtica de prezos, xa que, mentres en EE.UU. o Nexus 5X de 16 GB véndese a
379 dólares + impostos, aquà custarÃa 479 euros, e no caso do Nexus 6P de 32 GB
o prezo anunciado nos EE.UU. serÃa de 499 dólares, o que aquà traducirÃase en
649 euros. Estamos asà ante unha diferenza de prezo entre EE.UU. e España moi
superior ao habitual e que incluso serÃa máis pronunciada que a
que teremos cos novos iPhone (pois serÃa igual en número absolutos, pero ao
ser terminais máis caros en números absolutos os prezos de Google parecen
abusivos).
Actualmente os novos teléfonos só poden mercarse en liña en EE.UU., Reino
Unido, Irlanda e Xapón, chegando en breve o resto de mercados onde Google ten a
súa tenda web de dispositivos.
VÃdeo promocional do Nexus 5X
Pixel C
O Chromebook Pixel é un curioso portátil de Google que agora ten un irmán cun
formato semellante á tableta Surface de Microsoft, que presentan como a
primeira tableta Android creada totlamente por Google, a Pixel C, que contarÃa como accesorio cun
teclado de tamaño completo coa portabilidade dunha tableta, que fai uso do
porto USB-C que caracteriza os novos dispositivos de Google e que pretende saÃr
á venda antes de rematar o ano.
Estariamos ante unha tableta con pantalla de 10,2 polgadas, cun procesador
nVIDIA Tegra X1, 3 GB de RAM e 32/64 GB de almacenamento interno, que
venderÃase a un prezo de 499/599 dólares aos que haberÃa que engadir 149 dólares
polo seu teclado. Un dispositivo que claramente persegue as novas tendencias do
mercado, pero que posiblemente se descabalgue do mesmo polo seu prezo pouco
competitivo.
O Chromecast evoluciona
Para achegar contidos da Rede ao televisor goza de grande popularidade do
Chromecast, que hoxe non só se renova adoptando os novos estándares de Wi-Fi
para un mellor funcionamento á hora de reproducir vÃdeo en liña, senón que
tamén chega agora en varias cores e estrea unha versión chamada Chromecast Audio
que, en vez de estar orientada a pantallas con entrada HDMI, utiliza como saÃda
un mini-jack para a conexión duns altofalantes, de xeito que poderase empregar
para recibir música, emisoras de radio, podcast e incluso aplicacións como Spotify.
En ambos casos o funcionamento do dispositivo contrólase a través de
dispositivos con Android ou iOS, asà como dende ordenadores portátiles co
navegador web Chrome.
O novo Chromecast
podemos mercalo por 39 euros, está dispoñible con carcasa de cor negra, limón
ou coral, ten un tamaño redondo cun diámetro de 51,9 milÃmetros e un alto de
13,49 milÃmetros, pesa 39,1 gramos e para conectarse á Rede emprega Wi-Fi AC de
dobre banda.
O Chromecast normal xa conta con stock por parte da Google Store, mentres que
no caso do Chromecast Audio espérase contar con unidades dispoñibles o vindeiro
12 de outubro (sendo posible xa encargar o dispositivo).
VÃdeo promocional dos novos Chromecast