Hilda Romero (CITIC) presenta en Corea unha análise das semellanzas musicais entre tradicións
venres, 17 de outubro do 2025
Hilda Romero Velo, investigadora do Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC, participou na 26ª edición da International Society for Music Information Retrieval (ISMIR) Conference, celebrada en Daejeon (Corea do Sur) do 21 ao 25 de setembro de 2025.
Dende o CITIC lembran que ISMIR é o principal foro internacional en recuperación de información musical, un ámbito interdisciplinar que combina informática, musicoloxÃa, matemáticas e ciencias cognitivas para abordar o procesamento, análise, indexación e acceso a datos musicais.
No seu relatorio, titulado Phylo-Analysis of Folk Traditions: A Methodology for the Hierarchical Musical Similarity Analysis, Hilda Romero presentou unha nova metodoloxÃa para o estudo das similitudes entre tradicións musicais de transmisión oral. O enfoque ilústrase cun caso práctico que compara os repertorios galego e irlandés, revelando conexións estilÃsticas entre ambas culturas.
O traballo introduce ademais un conxunto de datos aberto composto por 600 partituras anotadas por expertos, sobre o que se aplican diversas técnicas de aliñamento para detectar patróns compartidos en múltiples niveis. Estas técnicas avalÃanse mediante métricas de separación entre xéneros, o que permite comparar a súa eficacia.
Os resultados represéntanse en árbores filoxenéticas, unha visualización innovadora que reflicte afinidades estilÃsticas e vÃnculos interculturais entre tradicións musicais. Esta aproximación achega novas ferramentas para a investigación musicolóxica e etnomusicolóxica, abrindo camiños para o estudo comparativo en contextos internacionais.
