Horizon Worlds deixará de estar dispoñible para visores de VR
mércores, 18 de marzo do 2026
En 2022 Meta trouxo a España e outros paÃses europeos Horizon Worlds, unha plataforma de mundos virtuais que chegaba como unha precursora do metaverso promovido por Mark Zuckerberg, buscando explorar as posibilidades dos espazos virtuais nos que poden xuntarse os usuarios para explorar, xogar e crear.
Esta plataforma non se limitou a visores de realidade virtual, senón que en 2023 deu o salto a móbiles e á web, ampliando asà o seu alcance. Pero semella que o investimento de Meta en Horizon Worlds non conseguiu a resposta que perseguÃan, e agora anuncian que a partir do 31 de marzo Horizon Worlds deixará de estar dispoñible na tenda dos dispositivos Meta Quest, eliminándose completamente a aplicación o 15 de xuño, data a partir da que Meta Horizon será unha experiencia exclusiva para dispositivos móbiles.
Esta medida supón a desaparición dos mundos Horizon Central, Events Arena, Kaiju e Bobber Bay da realidade virtual, o que supón unha considerable desaparición de contidos en VR, no que evidencia a situación actual en Meta, compañÃa que, aÃnda que publicamente asegura que segue a confiar no metaverso, está a dirixir os seus esforzos cara a outros ámbitos como a intelixencia artificial e os dispositivos baseados en tal tecnoloxÃa.
Para moitos usuarios o máis frustrante deste anuncio é que vén acompañado por un dano colateral, que afecta á aplicación Hyperscape Capture, que permite capturar tridimensionalmente espazos fÃsicos para poder exploralos en VR, algo que poderemos seguir facendo, pero ao desligarse de Horizon Worlds, as réplicas de espazos reais deixarán de poder visitarse na compaña doutros usuarios, o que era o seu principal atractivo.
