Instagram estrea canles de transmisión
xoves, 15 de xuño do 2023
Tras anunciar que
WhatsApp
contará en breve con canles, Meta confirma a súa aposta por esta tendencia dá
a coñecer que as
canles de transmisión de Instagram, que levaban uns meses en probas, están a
espallarse a todo o mundo, facilitando así novas formas de que os creadores
conecten cos seus seareiros.
As canles de transmisión de Instagram permiten publicar actualizacións de texto,
vídeo e fotografía de xeito as recibirán os usuarios que se adhiran a elas, polo
que sería un mecanismo de comunicación de un para moitos, aínda que tamén
incluiría enquisas para poder obter resposta do público.
Os creadores poden publicar nunha canle cando o desexen, e estas canles son de
libre acceso para calquera usuario, co detalle de que os usuarios que se unan á
canle recibirán notificacións cando se publiquen actualizacións, de xeito que
se converte nunha forma moi práctica de compartir detalles de actualidade. As
subscricións poden realizarse a través dun adhesivo nas historias ou mediante
unha ligazón no perfil de Instagram.
Esta nova ferramenta está en plena evolución, de xeito que vén de incorporar a
función de permitir colaboradores (de xeito que os creadores poden invitar a
outros usuarios par participar na canle), e están a traballar na incorporación
de datas de expiración e da posibilidade de engadir moderadores (para facilitar
a xestión de membros, mensaxes e contido, así compara poder publicar ligazóns
en historias para animar aos usuarios a unirse).