Instagram proba a publicación de álbums
mércores, 1 de febreiro do 2017
Dende Droid Life veñen de detectar que a última versión de
proba da aplicación de Instagram para Android hai unha nova
característica experimental que permite a carga de varias imaxes nunha única
publicación, o que podería considerarse como o equivalente aos álbums
doutras plataformas sociais, e que actualmente estaría dispoñible para
anunciante e, de funcionar axeitadamente, espallarase a todos os usuarios en
breve.
A nova prestación permitiría cargar de vez até 10 fotografías da nosa galería e
aplicarlles filtros de xeito independente, para que as imaxes figuren logo
compartidas nunha única publicación na que os usuarios poderán navegar
deslizando as sucesivas fotografías compartidas e poder interactuar con cada
unha de xeito independente.
Aínda que as funcionalidades incorporadas en Instagram nos últimos meses
contaron con bastante boa aceptación, desta volta parece non
gustar moito que a aplicación de moda estea a abarcar tanto, converténdose
nunha plataforma demasiado xeral, en vez dunha ferramenta para un uso moi
determinado (que foi como naceu).