Javier Garzás e Vitae achegan na Coruña un curso sobre axilidade avanzada
martes, 18 de xuño do 2019
Vitae
Consultores vai organizar este verán un curso especializado e
intensivo para que os nosos profesionais formados en modelos áxiles
poidan seguir dando pasos no camiño da máxima excelencia e
capacitación. Estamos a falar do Curso
Axilidade Avanzada, impartido por Javier Garzás. Serán oito
horas de formación coa posibilidade de obter a Certificación Scrum
Manager. Celebrarase na Coruña o vindeiro 23 de xullo, no Hotel
Attica 21, con horario de 9.30 a 13.30 horas e de 15.00 a 19.00
horas.
A
actividade formativa responde a unha das grandes demandas actuais dos
nosos profesionais adestrados en modelos de traballo áxiles (Scrum,
XP, etc): a necesidade de seguir avanzando cara a novos chanzos de
excelencia e coñecemento sobre a dita base. “Con este curso”,
informa Vitae, “poderemos obter algo único: todo tipo de claves e
recursos (ideas, roteiros, camiños, materiais, guías) para
evolucionar profesionalmente en axilidade”.
O
obradoiro está dirixido a persoas con experiencia previa en
axilidade e Scrum, aínda que non sexa unha base de gran amplitude.
Tamén está concibido para aqueles profesionais que xa asistiran a
cursos de introdución sobre as devanditas metodoloxías de traballo,
sen que sexan requiridos coñecementos técnicos avanzados sobre as
materias. O temario inclúe (entre outros) os seguintes contidos:
xestión do cambio áxil (o que ten funcionado e o que non), técnicas
de gamificación na implantación áxil, como planificar a
medio prazo (portfolio e mapas de estrada) sen deixar de
sermos áxiles, estimación áxil avanzada, maneiras de traballar que
non son áxiles, a importancia das retrospectivas ou unha explicación
básica e potencial sobre eXtreme Programming.
A
persoa encargada de impartir os contidos é Javier Garzás, doutor
cum laude e enxeñeiro superior en Informática. Con estudos
post-doutorais e investigador convidado na Universidade Carnegie
Mellon dos Estados Unidos (onde desenvolveu tarefas de investigación
en metodoloxías áxiles), é experto en equipos profesionais e en
recursos innovadores para a materialización de proxectos avanzados.
Até o de agora ten axudado a máis de 80 empresas a mellorar os seus
procesos de xestión e traballo. A día de hoxe é profesor titular
na Universidade Rei Juan Carlos. Adícase a axudar a empresas que
fagan mellor software (en tempo, con produtividade, con calidade e
con felicidade). É autor do blog www.javiergarzas.com,
que conta cunha media de 2.500 visitas diarias.