Journey estrearase o mércores na PlayStation Store
luns, 12 de marzo do 2012
Este mércores a PlayStation Store recibe un agardado tÃtulo
descargable, Journey, un traballo de
thatgamecompany (creadores de flOw
e Flower)
que chega en exclusiva para PlayStation 3 por 14,99 euros, e que entusiasmou á
crÃtica de todo o mundo por ofrecer unha nova proposta xogable realmente
innovadora, na que hai que emprender unha viaxe dunhas 3 horas de duración na
que o imporante non é o que alà acontece, senón as emocións que transmite a
aventura ao usuario.
Este tÃtulo ofrece uns gráficos moi coidados que logran envolver ao xogador
nunha experiencia na que non é preciso recorrer a violencia para captar a
atención, á vez que unha doce melodÃa acompaña a acción, converténdoa en case
unha danza. Temos asà un excelente tÃtulo ao que moitos resistiranse en chamar videoxogo,
que serve de exemplo de que nunha viaxe
percorrer o camiño pode ser máis importante que chegar ao destino.
Trailer de Journey