A empresa compostelá Lúdica 7 organiza un curso sobre a utilidade das redes sociais para os xornalistas profesionais que baixo o título El periodista que sabía de ranas integra o desenvolvemento de módulos explicativos para entender cómo un profesional da comunicación debe facer uso das redes sociais para construír un perfil dixital, cómo xerar contidos de calidade e difundilos, e qué accións pode desenvolver para buscar emprego ou mellorar o actual; materias que resultarán de especial interese para novos titulados.
O curso impartirase o sábado 21 e maio de 10:00 a 14:00 horas na sede da axencia de comunicación Lúdica 7, sita na praza da Merced de Conxo nº 10, 1º A (Santiago de Compostela). O seu prezo é de 80 euros e a súa asistencia limitarase a 10 persoas por grupo.

O curso está repartido en 8 módulos: – O xornalismo dixital e as súas saídas profesionais – As redes sociais: Estratexias – O perfil do internauta actual – Obradoiro de apertura de canles dixitais – Organizar o noso perfil dixital: buscar traballo ou mellorar o actual – Cómo ser o teu propio Community Manager: crear, dinamizar e monitorizar – Buscar e organizar información – Obsesión, creatividade e contidos
Lúdica 7 impartirá un curso sobre redes sociais para xornalistas
Compartir Este Artigo
