Marvel’s Wolverine estrea un violento tráiler
xoves, 25 de setembro do 2025
Insomniac Games confirmou que Marvel’s Wolverine verá a luz en exclusiva para PlayStation 5 no outono de 2026. O anuncio, realizado no marco do State of Play, chegou acompañado dun novo tráiler e da presentación da portada oficial do xogo, deseñada en colaboración co recoñecido debuxante de cómics Jock.
O estudio californiano, responsable da saga Marvel’s Spider-Man, promete ofrecer unha interpretación orixinal de Logan en colaboración con Marvel Games e Sony Interactive Entertainment. O personaxe estará interpretado polo actor Liam McIntyre, quen lle dará voz e corpo ao carismático mutante.
A historia mergullará a Lobezno nunha procura por descubrir os segredos dun pasado escuro que o persegue, obrigándoo a enfrontarse a inimigos incansables e a tirar partido do seu factor curativo e das súas garras de adamantium.
O tráiler anticipa encontros con figuras coñecidas polos fans como MÃstica ou Omega Red, ademais da presenza da facción dos Reavers. O avance pecha cunha referencia a un prototipo dun robot púrpura que promete ter un peso relevante na trama. A acción levará a Logan a escenarios tan variados como Madripoor, o Canadá xeado ou as rúas de Toquio.
En canto á xogabilidade, Marvel’s Wolverine apostará por un combate rápido, fluÃdo e visceral, con técnicas que reflicten a brutalidade e a ferocidade do personaxe, incluÃndo o uso da súa ira berserker. O obxectivo, segundo Insomniac, é recrear a fantasÃa definitiva de meterse na pel de Lobezno, cunha narrativa escura e chea de matices que explorará a súa condición de heroe reticente.
O xogo está a ser desenvolvido para PS5 e contará con secuencias de acción espectaculares e unha historia que busca afondar nos trazos máis complexos e humanos do mutante, estando a súa estrea prevista para o outono de 2026.

- O novo tráiler remata avanzado que os robots Sentinelas estarán presentes no xogo
Tráiler de Marvel’s Wolverine
