Max integra DAZN nos seus plans de subscrición

xoves, 24 de outubro do 2024 Marcus Fernández

A plataforma de vídeo baixo demanda Max non se conforma con ter un complemento de deportes que incrementa o prezo mensual dos seus plans en 5 euros, e presenta agora un novo plan que inclúe a contratación de DAZN, polo que permitiría ver o clásico de LaLiga que se emite o vindeiro sábado ás 21:00.
O novo plan pode contratarse por 44,99 euros/mes, carecendo de modalidade anual, e inclúe todos os contidos de Max, Eurosport e as canles DAZN 1-4, LaLiga e F1. Cómpre salientar que, aínda que para os contidos de Max permite o uso de até 4 dispositivos á vez en 4K, para os contidos deportivos limita o número de dispositivos a 2.
Esta contratación conxunta non parece ser moi atractiva para os que simplemente queren ver fútbol, xa que incremente a tarifa mensual de Max en 26 euros, mentres que o plan Fútbol de DAZN custa 19,99 euros/mes, pero si pode resultar interesante de interesar tamén os contidos de motor, incluídos no plan Pro de DAZN por 29,99 euros/mes.