Meta e LG colaborarán para competir coas Vision Pro

mércores, 28 de febreiro do 2024 Marcus Fernández

Mark Zuckerberg (Meta) con William Cho e Park Hyoung-sei (LG)

O lanzamento das Vision Pro de Apple provocou que a competencia teña que premer o acelerador, e Mark Zuckerberg tivo que desprazarse a Corea do Sur para pechar un acordo con LG, fabricante que colaborará con Meta para a creación da vindeira xeración de produtos de realidade estendida.
Os produtos de realidade estendida buscan superar as barreiras físicas das pantallas tradicionais, conseguindo unha maior inmersión, e facilitando un uso máis persoal, dando lugar a un novo nicho de mercado do que LG non quere quedar á marxe.
LG xa creou unha división interna dedicada á XR, e unir forzas con Meta permitiralle non ter que comezar dende cero nun ámbito no que as Meta Quest 3 son o produto con maior implantación, o que é un bo punto de comezo para competir coas Vision Pro.

PUBLICIDADE