Microsoft dá un ano de graza ás actualizacións de seguridade de Windows 10
martes, 24 de xuño do 2025
Microsoft confirmou que o 14 de outubro de 2025 rematará o soporte para Windows 10, que incluÃa ata agora actualizacións de seguridade, melloras técnicas e asistencia. AÃnda que os equipos seguirán funcionando, quedarán expostos a ameazas crecente como malware e virus, sen o respaldo oficial de Microsoft.
Para facilitar a transición, Microsoft lanza unha iniciativa sen precedentes: o programa Extended Security Updates (ESU) para Windows 10, pensado como unha ponte cara á experiencia con Windows 11. Este programa proporcionará actualizacións mensuais de seguridade crÃticas e importantes durante un ano tras o fin do soporte, axudando a manter os dispositivos protexidos mentres se leva a cabo a migración. Con todo, non é unha solución permanente: non inclúe novas funcións, actualizacións non relacionadas coa seguridade, cambios de deseño nin soporte técnico.
Por primeira vez, os usuarios particulares tamén poderán inscribirse no ESU desde os seus propios dispositivos. A través dun asistente de configuración que aparecerá en notificacións e na sección de Configuración de Windows, será posible elixir entre tres opcións para activar o servizo de maneira sinxela: empregar Windows Backup para sincronizar a configuración na nube sen custo adicional, trocar 1.000 puntos Microsoft Rewards ou pagar 30 dólares (o prezo pode variar segundo a rexión). Unha vez escollida a opción e completados os pasos indicados, o PC quedará rexistrado automaticamente. A cobertura para dispositivos persoais irá do 15 de outubro de 2025 ao 13 de outubro de 2026. Este asistente de activación xa está dispoñible para os participantes do programa Windows Insider, e chegará a todos os usuarios de Windows 10 a partir de xullo, cunha distribución xeral prevista para mediados de agosto.
