Microsoft ofrece a tecnoloxÃa de ChatGPT a través dunha nova aplicación para Android
martes, 26 de decembro do 2023
Microsoft vén de
estrear unha aplicación móbil para Android chamada Microsoft
Copilot, que como ben deixa caer o seu nome, trátase do asistente de chat
promovido por intelixencia artificial que busca contribuÃr á mellora da
produtividade. Esta aplicación de balde funciona empregando os últimos modelos
de OpenAI (GPT-4 e DALL·E 3) polo que é un xeito moi atractivo de empregar esta
tecnoloxÃa sen ter que pasar por caixa.
Microsoft Copilot permÃtenos conversar para obter respostas rápidas, complexas
e precisas, servindo tamén para crear impresionantes imaxes a partir de simples
descricións de texto e para escribir rapidamente contido en función das
instrucións que deamos.
ata o momento Microsoft xa achegaba estas funcionalidades a través da aplicación
de Bing, pero finalmente optou por ofrecer o asistente a través dunha aplicación
de seu, que está prevista que en breve chegue tamén a iOS.