Movistar comeza a cobrar o exceso de tráfico de datos dos novos contratos

martes, 28 de abril do 2015 Marcus Fernández

As asociación de consumidores están a lembrar que a partires desta semana os novos clientes de Movistar terán contratada unha modalidade de contrato de telefonía móbil a partir da que, superado o volume de datos contratado, en vez de reducirse a velocidade de navegación pasará a cobrarse o exceso de tráfico, cambio que tamén se aplicará aos clientes actuais que realicen algunha modificación de tarifa, xa que esta modalidade será a aplicada de xeito predeterminado (polo que antes de realizar calquera cambio recoméndase informarse axeitadamente para evitar sorpresas na factura).
De todos os xeitos, o cobro polo exceso de datos non será ilimitado para evitar problemas, de xeito que Movistar cobraría os primeiros 500 MB excedidos ata un máximo de 7,5 euros/cliente para despois pasar a reducir a velocidade de transferencia.
Actualmente tamén Orange e Vodafone cobra aos seus clientes por superar o volume de datos contratado, ofrecendo a posibilidade de contratar máis capacidade mediante bonos, de xeito que a vella reivindicación dunha tarifa plana de datos móbiles parece estar lonxe de ser posible en España.