Movistar poderÃa estrear comercialmente a fibra a 10 Gbps o vindeiro dÃa 16
luns, 2 de febreiro do 2026
O operador de telecomunicacións Digi leva dende 2021 ofrecendo conexións de fibra óptica no fogar a velocidades de ata 10 Gbps cun prezo moi agresivo (30 euros/mes no seu dÃa, e 25 euros/mes actualmente) nas zonas onde conta con rede de fibra de seu, e finalmente parece que será este mes de febreiro cando comezará a ter competencia neste tipo de conexións.
Telefónica remitiu á Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia a solicitude para comezar a ofrecer servizos de fibra a través de XGS-PON, o que permitirá a contratación de tarifas de fibra de máis de 1 Gbps, estando previsto que non só se chegue aos 10 Gbps, senón que tamén estarÃan dispoñibles as velocidades intermedias de 2 Gbps e 5 Gbps, detallando incluso que para tal servizo existe xa un hardware homologado (os ONT ZTE F2801SV3 e Huawei HN8010Ts-20).
A fibra de Movistar a 10 Gbps leva efectuando probas dende o pasado 3 de decembro, para usuarios con router Smart WiFi 7 sen custo adicional ata o vindeiro dÃa 15, pois a partir do dÃa 16 a nova velocidade pasarÃa a ter un custo mensual en función do contrato que teña cada domicilio. Enténdese asà que o dÃa 16 será o lanzamento comercial da fibra de 10 Gbps de Movistar, rumoreándose que saltar de 1 Gbps a 10 Gbps terÃa un sobrecusto de 10 euros/mes.
Cómpre salientar que este lanzamento tamén afectará a outros operadores, que poderán alugar as redes de Telefónica para ofrecer tamén velocidades de máis de 1 Gbps, podendo tamén proceder a solicitar a homologación de novos dispositivos ONT (para facilitar a despregadura desta tecnoloxÃa). Telefónica deberá achegar toda a información sobre estas novas opcións antes do vindeiro 30 de abril, polo que podemos prever que nos vindeiros meses teremos un importante baile de ofertas para adaptarse ao novo esquema de tarifas de fibra dende o fogar.
