Musk acorda a compra da totalidade de Twitter
luns, 25 de abril do 2022
Twitter
anunciou que chegou a un acordo con Elon Musk para a adquisición da totalidade da
compañÃa por 54,20 dólares en efectivo por acción, nunha operación valorado
aproximadamente en 44 mil millóns de dólares, de xeito que unha vez completada
a transacción Twitter deixará de ser unha empresa cotizada nos mercados
bolsistas.
A operación supón o pagamento dun 38% máis do prezo das accións de Twitter o
pasado 1 de abril, cando Musk se fixera aproximadamente co 9% da compañÃa. Podemos
asà considerar que a operación é beneficiosa para os accionistas de Twitter,
que reciben unha boa compensación por unha empresa que leva anos cuns resultados
moi inferiores ao de resto de plataformas sociais, e con poucos atractivos para
a súa compra.
Musk asegura que «a liberdade de expresión é o alicerce dunha democracia
funcional, e Twitter é o foro no que o futuro da humanidade se debate», de aà que
entrase na compañÃa para defender esta postura e tamén para mellorar a
plataforma con novas caracterÃsticas, loitar contra o spam e abrindo os seus
algoritmos para incrementar a confianza en Twitter.
O cadro de dirección de Twitter aprobou a transacción, que agora deberá recibir
a aprobación dos accionistas e das entidades reguladoras para que poida
completarse a compra de Twitter este mesmo ano.
