Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: NavalPlan, software libre galego para empresas con pedidos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

NavalPlan, software libre galego para empresas con pedidos

Raquel Noya
Publicado: 11/02/2011
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

PantallaNavalPlan.pngA empresa Igalia, na súa teima por poñer as aplicacións en fontes abertas a disposición do empresariado da nosa Comunidade (calquera que sexa o seu sector produtivo), vén de presentar en Santiago de Compostela unha ferramenta que, entre outras cousas, facilita o labor de planificación e seguimento de calquera tipo de empresa que funcione por proxectos.
Trátase dunha aplicación web que leva por nome NavalPlan e que serve principalmente para que as empresas usuarias poidan mellorar a xestión da súa produción aforrando tempo e custes, sen perder produtividade e sobre todo, apostando polo emprego do software libre.
A ferramenta web baséase nos conceptos de visión xeral de empresa e multi-proxecto, asignación de criterios, etiquetado de tarefas, xestión e asignación de recursos, control de carga da empresa e integración externa, entre outras cousas.
A idea inicial do proxecto, segundo apuntan dende Igalia, “era resolver os problemas de planificación do sector naval galego (de aí o seu nome), porén a ferramenta desenvolveuse de xeito xenérico sendo válida para calquera tipo de empresa e sector”. Resumindo moito, podería dicirse que é unha alternativa libre a Microsoft Project como OpenProj, GanttProject ou Planner; pero a diferencia destos, NavalPlan é unha aplicación web. A presentación tivo lugar o pasado mércores, 9 de febreiro, no Centro On compostelán, e nela participou a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?