Nova prórroga para TikTok nos EE.UU.
venres, 4 de abril do 2025
Tras a toma de posición da presidencia dos EE.UU., Donald J. Trump asinou unha orde executiva de legalidade moi discutible na que se instaba a non aplicar a prohibición vixente dende o dÃa anterior da plataforma social TikTok nos EE.UU., contradicindo os mandatos xudiciais.
Trump establecÃa un prazo de 75 dÃas para buscar unha solución á situación de TikTok que resultase favorable para os EE.UU., e na que ByteDance debÃa vender o seu negocio a unha empresa estadounidense, algo que dende o Goberno da China non aceptan (sendo a súa aprobación imprescindible para unha operación de tal calado).
Os 75 dÃas da prorroga establecida por Trump están a piques de rematar, e ante a falla de acordo, o presidente publicou en Truth Social un comunicado asegurando que fixeron moitos progresos para salvar TikTok, pero non foron quen de formalizar ningún acordo, polo que asinará unha nova orde executiva para dar outros 75 dÃas de prazo. Trump asegura que os aranceis que aprobou estes dÃas puideron ter afectado ás negociacións, aÃnda que apunta que segue comprometido con manter TikTok nos EE.UU.
Varios senadores demócratas levan un tempo advertindo de que unha nova prórroga para TikTok serÃa problemática, por situar as empresas nunha posición de inseguridade xurÃdica, xa que «a prórroga unilateral de Trump é ilegal e forza ás compañÃas tecnolóxias unha vez máis a decidir entre o risco de asumir unha responsabilidade legal ruinosa ou bloquear o acceso a TikTok».