Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 10 de setembro comeza no CDTIC un ciclo de solucións libres para o terceiro sector
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

O 10 de setembro comeza no CDTIC un ciclo de solucións libres para o terceiro sector

Redacción
Publicado: 07/09/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cdtic-3.jpgO noso ámbito de iniciativas de software libre ten, dende hai anos, un amplo potencial de servizos e recursos tecnolóxicos para organizacións e entidades sen arela de lucro. Consciente disto, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), en colaboración coa Rede Galega contra a Pobreza, organiza un ciclo formativo sobre solucións abertas orientadas ás entidades do terceiro sector. Este ciclo consta dun total de 35 horas de formación repartidas en 6 obradoiros prácticos sobre diferentes recursos libres, 2 obradoiros de desenvolvemento sobre o xestor de contidos Drupal e unha xornada final de presentación de experiencias de uso de software libre no terceiro sector.
O obxectivo desta iniciativa é, en palabras de AMTEGA, “achegar as posibilidades que ofrece a programación con licenzas abertas ao terceiro sector, dun modo práctico a través da presentación de casos de éxito”. Entre outras cousas, engade a axencia, introducirase aos participantes no manexo de solucións para a creación de portais webs, para a participación colaborativa a través da web, para o intercambio de ficheiros na nube, para a xestión de asociados e captación de fondos e falarase sobre a importancia dos datos xeográficos libres para as actuacións sobre o terreo.
As actividades formativas celebrarase nas instalacións do Centro Demostrador TIC (CDTIC) durante as tardes de todos xoves dende o 10 de setembro ao 15 de outubro en horario de 17:00 a 20:30, e os martes 15 e 22 de setembro en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 18:30 horas. Os obradoiros dos xoves están dirixidos responsables, persoal e persoas voluntarias de asociacións ou entidades do terceiro sector interesados na implantación de ferramentas para a mellora tecnolóxica. Os obradoiros dos martes sobre Desenvolvemento de portais web con Drupal, nivel básico e nivel avanzado, están dirixidos a persoal técnico de asociacións ou entidades do terceiro sector interesados no desenvolvemento de webs con este xestor de contidos.
O ciclo arranca o día 10 de setembro co Obradoiro de Solucións de Software Libre para o Terceiro Sector, que pretende contribuír a incrementar o coñecemento da programación aberta (sen licenzas privativas e aberto ao seu enriquecemento por parte da comunidade), da súa ética e de casos de éxito de uso do mesmo. Segundo explica AMTEGA, búscase con este obradoiro “disipar os medos e vencer as resistencias que poidan estar freando a implantación e uso dos programas open source no terceiro sector”.
O prazo de inscrición está xa aberto a través da web do CDTIC. Ademais poderá seguirse tamén a través das aulas da rede CeMIT, para o cal só debe contactar coa súa aula máis próxima para indicar o seu interese en asistir.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?