O 31 de xaneiro a LaconNetwork celebrará o seu 4º aniversario
luns, 23 de decembro do 2013
O
encontro de emprendedores tecnolóxicos coñecido como LaconNetwork é xa un
evento consolidado dentro do sector TIC galego, e para celebrar os seus catro
anos de actividade vai xuntar a numerosos albaneis
da nube en Porto do Molle (Zona
Franca de Vigo) nun xantar que estará precedido por unha serie de charlas
maxistrais e mesas de debate, mesturándose o encontro tamén coa entrega dos
Premios EGANET, polo que é de agardar unha grande afluencia de público, de aÃ
que nesta ocasión optouse por inscricións con custo progresivo, de xeito que quen queira participar deberá aboar
25 euros antes do 19 de xaneiro, mentres que o prezo os billetes será de 40
euros entre os dÃas 20 e 26 de xaneiro, e os participantes de última hora terán
que aboar 60 euros.
O 4º aniversario da LaconNetwork botará a andar o dÃa 31 de xaneiro ás 10:00
horas, e entre os relatores confirmados para o encontro figura Enrique Dans,
quen falará sobre comunicación en medios sociais e marca persoal.

- Enrique Dans falará de comunicación en redes sociais e marca persoal no 4º aniversario da LaconNetwork
