Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 70,3% dos fogares galegos dispoñen xa de Rede de banda larga
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Banda larga

O 70,3% dos fogares galegos dispoñen xa de Rede de banda larga

Redacción
Publicado: 08/09/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

casa_internet-2.jpgTemos novos datos sobre o espallamento e afianzamento da Rede na nosa terra. Trátase do informe Diagnóstico sobre a Sociedade da Información nos fogares galegos, feito polo Observatorio da Sociedade da Información de AMTEGA. Entre outras informacións, sinálase que no período comprendido entre 2010 e 2014 medraron nun 51% os fogares galegos en con Internet de banda larga contratada, unha cifra que arestora sitúase no 70,3% do total de domicilios da nosa terra. O incremento da devandita taxa no último ano foi do 7,7%. Estes números, sinala AMTEGA, sitúan a Galicia a menos de tres puntos da media estatal.
“Nos últimos catro anos”, engádese, “a Comunidade recortou de xeito significativo a fenda dixital coa media estatal e europea nos principais indicadores de acceso e uso das TIC nos fogares galegos.” Amosado en números, o 71,5% dos fogares galegos dispón de ordenador, porcentaxe que aumentou un 16,1% no período 2010 – 2014. A diferenza entre a media galega e a estatal pasou de 7,1 puntos no 2010 aos 3,3 da actualidade.
Ademais, un 69,3% da poboación galega utilizou Internet nos últimos tres meses, experimentando un crecemento do 6,9% no último ano. O estudo do OSIMGA confirma que a presenza de nenos no fogar, o maior tamaño do hábitat, o nivel de estudos e de ingresos son factores determinantes no uso das TIC. Así, a contratación de Internet en fogares con nenos en idade escolar obrigatoria sitúase no 87,5%, máis de 22 puntos porcentuais que nos fogares sen nenos. Respecto ao hábitat, reflíctese no informe todos os núcleos de máis de 10.000 habitantes superan a media galega de contratación a Internet, “e no caso dos núcleos de máis de 50.000 sitúanse por riba da media estatal”. Por outra banda, engádese, “no último ano os núcleos de menos de 5.000 experimentaron un incremento de 7 puntos porcentuais, chegando ao 52,4% de fogares con internet contratado”. A enquisa tamén achega datos sobre as principais razóns que se argumentan en contra de non contratar servizos de Internet: que “non se necesitan” (43,8%) que “non queren” (41,9%) ou que “téñense poucos coñecementos para usalo” (36,7%). En cuarto lugar estaría “o alto custo da conexión” (34,5%).
Respecto do comercio electrónico e do seu afianzamento, a investigación informa que case a terceira parte da poboación da nosa terra adquiriu algún ben ou servizo a través de Internet nos últimos tres meses, 2 puntos por riba do conxunto do Estado, incrementándose un 17,5% no último ano. Os fogares cun só membro son os que máis realizan compras en liña, engádese, “cunha porcentaxe do 33,9%, unha cifra que vai diminuíndo a medida que aumenta o número de persoas no fogar, acadando un 19,6% nos fogares de 5 ou máis membros”.
O noso país tamén salienta na interacción coas Administracións Públicas a través de Internet, “por riba da media estatal e europea”, informa o observatorio OSIMGA, que engade que “o 64,7% dos internautas galegos obtivo información das páxinas web institucionais nos últimos doce meses, superando xa a media estatal e europea en 4,7 e 13,7 puntos porcentuais, respectivamente”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Banda larga

A fibra óptica sumou máis de 100.000 novas liñas en setembro

13/11/2026
Banda larga

Starlink adopta unha política de prezos flexibles

30/10/2026
Banda larga

O 91,5% das vivendas de Galicia xa ten cobertura de banda larga cun mínimo de 100 Mbps

28/10/2026
internet_rural.jpg
Banda larga

A provincia de Ourense, á cola de España en cobertura de fibra óptica

27/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?