O CITIC abre as súas portas a estudantes de bacharelato do IES Agra do Orzán
mércores, 12 de marzo do 2025
O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña recibiu este martes 11 de marzo a visita dunha vintena de estudantes de primeiro e segundo de bacharelato do IES Agra do Orzán.
O alumnado puido achegarse in situ ás capacidades do centro nun percorrido que destacou as súas avanzadas instalacións e proxectos. Foi, segundo informou o CITIC, unha experiencia formativa coa que “buscamos espertar vocacións científicas e tecnolóxicas, achegando aos mozos e mozos aos retos e oportunidades que ofrece a investigación no eido da ciencia e a tecnoloxía”.
O CITIC reafirmou deste xeito o seu compromiso coa divulgación e o fomento das vocacións tecnolóxicas, especialmente a través de actividades que integran estudantes de diferentes niveis educativos e promoven o interese polo coñecemento en tecnoloxía e innovación.