O CITIC acolle a nova edición das Xornadas sobre Seguridade e Defensa
mércores, 22 de novembro do 2017
Os
dÃas 23 e 24 de novembro vaise celebrar na sede do CITIC
(Centro de Investigación TIC), no Campus de Elviña na Coruña,
a nova edición dun evento destinado a facer avanzar a conxunción
entre matemáticas e novas tecnoloxÃas para acadarmos a meirande
eficiencia posÃbel en materia de protección de persoas e bens,
rescates en catástrofes, resposta ante ciberataques ou resolución
de emerxencias. Estamos a falar das quintas
Xornadas sobre Seguridade e Defensa, que este ano se desenvolven
baixo o epÃgrafe Tendencias e Demandas en TecnoloxÃas
Matemáticas e TIC e que están organizadas polo devandito CITIC,
por CESEDEN, o Instituto de Matemática Industrial (ITMATI), o grupo
M2NICA e máis a UDC (Universidade da Coruña).
Participarán
empresas galegas punteiras como Torusware,
salientando a importancia das tecnoloxÃas de seu (plataformas e
algoritmos especÃficos) para facer fronte ás crecentes ameazas na
Rede, desenmascarando informacións a tempo real mediante a análise
automática e masiva de datos.
Nas
xornadas, que como dixemos dirÃxense a buscar o achegamento das TIC
e as tecnoloxÃas de cómputo avanzado, fomentando o avance da
seguridade a defensa, desenvolveranse relatorios e unha mesa redonda
titulada: Oportunidades no ámbito de Big Data. As súas relacións
coa seguridade e a defensa.
O
encontro levarase a cabo grazas á colaboración entre ITMATI, o
CITIC, o Centro Superior de Estudos da Defensa Nacional (CESEDEN) e
a UDC (coa colaboración do Instituto Matemático Interdisciplinar da
UCM). Tamén contarán coa participación doutras entidades e
empresas participantes como: Airbus Defense and Space, Appentra,
Armada-Flosub, General Energy, Getronics, Insitu, Randed, Roa,
Torusware ou Zima Corp.
Esta
actividade enmárcase no marco do convenio de colaboración entre o
Ministerio de Defensa e o Consorcio Instituto Tecnolóxico de
Matemática Industrial (ITMATI), para a organización e o
desenvolvemento destas xornadas. Tamén colaboran a ConsellerÃa de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia a
través da Rede Tecnolóxica de Matemática Industrial (Rede TMATI) e
do convenio que ITMATI ten con esta ConsellerÃa.