O CITIC acollerá unha conferencia do experto en IA Paul Van Branteghem
luns, 6 de novembro do 2023
Paul
Van Branteghem, experto en Intelixencia Artificial, será o relator
da segunda charla do ciclo HumanIA organizado polo Consello
Social da Universidade da Coruña e a Facultade de Humanidades, en
colaboración co CITIC. Esta
segunda cita celebrarase na Sala Cloud do dito centro de
investigación coruñés o vindeiro xoves 9 de novembro ás
17.30.
A
influencia da Intelixencia Artificial no mercado laboral e os
sectores relacionados coas ciencias sociais son os eixos centrais
desta segunda entrega do ciclo de charlas. Van Branteghem impartirá
a conferencia ChatGPT e outras aplicacións: casos de uso no
mercado laboral no que falará sobre como a IA está cada vez
máis presente nas empresas españolas, e tamén do papel que xogan
ferramentas como ChatGPT, GPT-4, BERT e DALL·E 2 na reconfiguración
dos postos de traballo.
Paul
Van Branteghem é fÃsico con mestrado en Intelixencia Artificial
Avanzada e en MeteoroloxÃa combinado con posgraos en Marketing
Analytics. É co-fundador de Big Onion Tech e a asociación Spain-AI.
Traballou en Siemens-Gamesa e en BBVA desenvolvendo proxectos
relacionados coa IA e en StratioBD e Deloitte liderando proxectos de
Data Science.
A
asistencia ao ciclo é previa inscrición e as prazas están
esgotadas.
