O CITIC busca oito investigadores en formación para desenvolver unha tese doutoral dunha das súas liñas de traballo

venres, 24 de febreiro do 2017 Redacción

O Centro de Investigación TIC (CITIC) vén de lanzar dende a súa sede do Campus de Elviña (A Coruña) unha convocatoria para ampliar a equipa de investigadores con vistas a impulsar unha tese doutoral asociada a unha das súas liñas de investigación. Desta maneira, ao longo destes días e até o vindeiro 15 de marzo, todas aquelas persoas matriculadas nun programa de doutoramento nunha universidade do ámbito estatal (ou ben que cumpran os requirimentos para seren admitidos nun programa de doutoramento no curso presente, 2016-2017) poderán sumarse, se así o desexan, ao dito proceso selección impulsado dende o CITIC. En total, convocáronse 8 prazas.
O obxectivo da iniciativa, como dixemos, é a contratación de persoal investigador en formación que desexe realizar unha tese doutoral asociada a unha das liñas de investigación do centro coruñés, baixo a dirección dos grupos de investigación que forman parte do mesmo. As/os interesadas/os deberán cumprimentar o formulario electrónico de solicitude e enviar a documentación requirida na convocatoria á dirección de correo electrónico citic@citic-research.org. Para máis información sobre os procesos a seguir, cómpre visitar o apartado Traballar no CITIC habilitado na propia web do centro.
Co-financiado pola Unión Europea. Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. Promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade. Unha maneira de facer Europa.

Cofinanciado pola Unión Europea. Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. Promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade. Unha maneira de facer Europa.

PUBLICIDADE