O CITIC da UDC presentou os resultados finais dos proxectos colaborativos 2018-2019

venres, 3 de xaneiro do 2020 Redacción

O director do CITIC, Manuel F. González Penedo

O Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña presentou o pasado venres 20 de decembro os resultados dos seus proxectos colaborativos, desenvolvidos no marco da convocatoria do CITIC para o financiamento de proxectos de investigación coordinados dirixidos por mozas e mozos investigadores do centro.
Esta convocatoria é unha das accións establecidas no plan estratéxico do centro, no seu eixo de investigación, que se lanzou por primeira vez no ano 2018 co obxectivo de desenvolver dentro dun período bianual proxectos multidisciplinares nos que participasen mozos investigadores das diferentes áreas de investigación do CITIC.

Presentación de SC-IM-HW

O acto comezou cunha presentación por parte do director do CITIC, Manuel F. González Penedo, e posteriormente, investigadores do centro presentaron os catro proxectos colaborativos.
Concretamente, presentáronse os resultados dos seguintes proxectos:
• SC-IM-HW, para a optimización de métodos de selección de características baseados en información mutua para arquitecturas hardware non convencionais

Presentación de eCOAR

• eCOAR, un sistema automático para a detección de anomalías e control da calidade en eficiencia enerxética, confort térmico e calidade do aire en edificacións
• CONCORDANCE, para a prevención de colisións para UAVs utilizando técnicas de Deep Learning e sensórica optimizada
• TREBOADA, que utiliza técnicas de predición de precipitación mediante sensores de baixo custe e Aprendizaxe Máquina (Machine Learning).
A xornada, que se vén celebrando dende hai varios anos baixo o título Happy Day CITIC, finalizou cun aperitivo de Nadal que serviu de peche desta iniciativa do CITIC que ten como obxectivo estimular a investigación cooperativa, xuntando esforzos e potenciando as sinerxías e capacidades complementarias, así como o intercambio de recursos e coñecementos.

Presentación de TREBOADA
Presentación de CONCORDANCE

PUBLICIDADE