O CITIC e ASPACE crean un grupo de traballo para a rehabilitación de persoas con parálise cerebral
mércores, 13 de novembro do 2019
O
Centro de Investigación TIC (CITIC) e a Confederación ASPACE veñen
de dar forma a un grupo de traballo para definir contidos
informáticos que melloren a avaliación e o desenvolvemento de
programas de rehabilitación de persoas con parálise cerebral. Ao
fÃo desta iniciativa, visitou a sede do CITIC no Campus de Elviña
(UDC, A Coruña) o grupo de traballo de ASPACE, formado polo
fisioterapeuta Rubén Carneiro, a logopeda Mirian Piñeiro, a
informática MarÃa José Pérez e a terapeuta ocupacional Aroa
Fernández.
O
grupo, acompañado polo subdirector do CITIC Javier Pereira, puido
coñecer (a través da sala de demostradores do CITIC) algúns
exemplos das posibilidade ofrecen os sistemas de Realidade Virtual e
robótica para impulsar a autonomÃa dos colectivos que representa a
confederación, a través dunha intervención directa con aqueles.
O
CITIC e ASPACE definiron unha axenda de traballo para os vindeiros
seis meses na que se contará coa participación de usuarios e o
desenvolvemento de pequenos retos que permitan, con fins
terapéuticos, mellorar a calidade de vida das persoas con parálise
cerebral.