O CITIC fará avanzar a dixitalización estatal a través de PLANETIC

venres, 19 de xuño do 2020 S. P.

O Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña (CITIC) vén de ser nomeado membro do comité xestor da plataforma estatal PLANETIC, iniciativa para o impulso das tecnoloxías electrónicas, da información e a comunicación. O representante do CITIC no órgano será o responsábel de Transferencia Tecnolóxica e Innovación do centro, Manuel Bustabad.
Segundo nos lembra o centro coruñés, PLANETIC pretende ofrecer unha visión global e integrada do sector das novas tecnoloxías español, atender ás necesidades dixitais dos diferentes sectores económicos do ámbito estatal, impulsar a visualización internacional do sector TIC español e servir como espazo de traballo común para axentes I+D+i e empresas do sector.
Respecto do comité xestor de PLANETIC e o seu cometido, é o órgano encargado da xestión estratéxica e operativa da plataforma. Entre as súas funcións destacan a representación da mesma ante os diferentes organismos; fomentar a participación e colaboración entre os membros en iniciativas, proxectos, programas e actividades de interese para a plataforma; e establecer e coordinar a axenda estratéxica.

PUBLICIDADE