O CITIC organiza unha xornada sobre aspectos a ter en conta sobre a preparación de propostas en Horizon Europe
mércores, 18 de outubro do 2023
Esta
semana, hoxe (18 de outubro) e este xoves 19, o
CITIC da UDC organiza unha xornada sobre os aspectos prácticos da
preparación de propostas en Horizon Europe de cara ás novas
convocatorias de 2024. Nestas sesións participarán Marina
MartÃnez, responsábel sénior de programas europeos do CDTI en
Bruxelas; Sabina Guaylupo, responsábel de proxectos na FECYT e
co-fundadora da iniciativa Mydatamood; e MarÃa Luisa Pérez Aliende,
da Universidade Autónoma de Madrid.
Na
xornada do mércores 18, Marina MartÃnez explicará as convocatorias
de 2024 nos Pilares II e III, detallando información sobre
elixibilidade e áreas temáticas clave. Esta sesión comezará ás
9:15 na Sala Cloud do CITIC. Pola tarde, continuará a partir das
16:00 en Nordés Club Empresarial.
O
xoves 19, na Sala Cloud do CITIC, Sabina Guaylupo e MarÃa Luisa
Pérez Aliende enfocaranse no marco de actuación para mellorar a
participación en Horizonte Europa, compartirán o marco ético e
boas prácticas na xestión de datos para enriquecer as propostas en
HE.