O CPEIG organiza un curso de protección de datos co ISMS Forum

mércores, 30 de setembro do 2020 S. P.

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vai organizar unha actividade formativa para profesionais que queiran introducirse ou perfeccionarse nas técnicas e tecnoloxías máis acaídas para salvagardar a información. Estamos a falar do Curso Especialización en Protección de Datos (CEPD), programado en colaboración co Data Privacy Institute (DPI) de ISMS Forum.
Celebrarase do 1 ao 28 de outubro na modalidade online, a través de aula virtual, de luns a xoves en horario de 16.00 a 21.00 horas.
Serán 60 horas de duración divididas en 15 sesións. Segundo fai saber o colexio que presidente Fernando Suárez, o curso terá un custe de 750 euros por alumno e coa posibilidade de realizar exame de certificación posteriormente en Galicia (formación adaptada ao esquema de certificación de DPD da Agencia Española de Protección de Datos e actualizado segundo a nova LOPD-GDP). Para máis información, cómpre contactar coa conta de correo formacion@ismsforum.es.

PUBLICIDADE