O Centro Gaiastech lanza un obradoiro para fomentar as vocacións femininas STEAM
martes, 11 de febreiro do 2025
Co gallo da celebración deste 11F (DÃa Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia) e tamén do DÃa das Rapazas nas TIC, o Centro GaiásTech da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia lanzou unha nova actividade enmarcada nas actuacións para fomentar as vocacións femininas STEAM (siglas de Ciencia, TecnoloxÃa, EnxeñarÃa, Arte e Matemática).
O obradoiro Ecocápsulas do Futuro: Supervivencia e TecnoloxÃa nun Clima Cambiante celebrarase os dÃas 10 e 24 de abril, véspera do DÃa Internacional das Rapazas nas TIC. Como dixemos, a apertura do prazo de inscrición coincide co DÃa Internacional de Muller e a Nena na Ciencia, este 11 de febreiro.
A actividade está aberta a nenos e nenas de 9 a 13 anos que terán a oportunidade de deseñar, construÃr e automatizar a súa propia ecocápsula e aprenderán a controlar o ambiente interno dese espazo, empregando tecnoloxÃa de control ambiental e deseño 3D. A elaboración do proxecto parte da premisa dun desastre climático que obriga á humanidade a crear ecocápsulas autosuficientes para sobrevivir. As e os participantes terán que definir que elementos (plantas, rocas...) incorporan ás súas cápsulas e integrar os sistemas de electrónica e sensórica que lles permitirán controlar os parámetros de humidade, luz etc... para a correcta observación dese ecosistema.
As inscricións, que darán prioridade ás rapazas, poden realizarse no portal do GaiásTech, ata esgotarse as 15 prazas dispoñÃbeis. O taller enmárcase nas actuacións da Xunta para fomentar as vocacións STEAM entre as rapazas desde idades temperás a través de actividades lúdico formativas que esperten o seu interese neste ámbito. Segundo os últimos datos do Observatorio para a Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), no curso 2021-22 as mulleres representaban o 34% das persoas matriculadas en ciencias e o 26% en enxeñarÃas e carreiras tecnolóxicas.