O CiTIUS participa nun proxecto internacional para subministrar enerxÃa mediante láseres de alta potencia
martes, 8 de outubro do 2024
- Natalia Seoane Iglesias e Antonio GarcÃa Loureiro son responsables do proxecto
RePowerSiC, un proxecto coordinado desde o CiTIUS da Universidade de Santiago de Compostela no que participan 7 socios de 6 paÃses da Unión Europea, foi seleccionado pola convocatoria EIC Pathfinder Challenge, unha das máis competitivas que existen en Europa para o financiamento de investigacións innovadoras. Cun orzamento total de 4,7 millóns de euros, o novo proxecto busca non só revolucionar a exploración espacial, senón tamén expandir as súas aplicacións a distintos sectores na Terra.
O proxecto bota a andar co desenvolvemento dun conversor láser capaz de transmitir enerxÃa sen fÃos no rango dos quilowatts cunha eficiencia superior ao 80%, permitindo asà reducir o tamaño das baterÃas e alargar a vida útil dos dispositivos espaciais.
Para acadar este propósito, RePowerSic optará polo carburo de silicio (SiC) como elemento principal do conversor láser, un material semicondutor coñecido pola súa alta eficiencia enerxética e resistencia a condicións extremas, o que o converte en candidato ideal para aplicacións espaciais. O SiC permite unha mellor disipación da calor, o que reduce a necesidade de sistemas de refrixeración complexos e, en consecuencia, reduce o consumo enerxético. Por outra banda, a súa durabilidade e resistencia a condicións extremas alargan a vida útil dos dispositivos, minimizando a necesidade de substitucións frecuentes e contribuÃndo a minguar os residuos electrónicos. Todas estas caracterÃsticas fan do carburo de silicio unha tecnoloxÃa máis ecolóxica e sustentable, avalando este material como unha opción clave para solucións sustentables a longo prazo en campos como a exploración espacial ou aplicacións terrestres de alta eficiencia.
Máis aló da exploración espacial, a tecnoloxÃa desenvolvida en RePowerSiC terá tamén aplicacións no planeta Terra, dado que o proxecto afronta o reto da transferencia de enerxÃa a demanda e sen necesidade de cables, sectores como a agricultura ou a industria veranse beneficiados deste novo paradigma. Os sistemas de transmisión de enerxÃa sen fÃos terán aplicación directa, por exemplo, sobre o uso de drons aéreos ou acuáticos en sectores agrÃcolas e industriais, asà como para mellorar o acceso a zonas remotas na terra. Un cambio de modelo que iluminará a creación de novos mercados ao reducir significativamente a dependencia de baterÃas, contribuÃndo asà mesmo a diminuÃr os residuos electrónicos.