Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Día do Orgullo Friki celébrase dentro e fóra da Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

O Día do Orgullo Friki celébrase dentro e fóra da Internet

Marcus Fernández
Publicado: 25/05/2007
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Nova aparencia da web StarWars.com
Nova aparencia da web StarWars.com
Este venres a estrea cinematográfica de Star Wars cumpre 30 anos, o que se está a facer notar especialmente na Internet, tanto polo relanzamento da web oficial da película, StarWars.com, que estrea novo deseño e convida ós afeccionados a facer mesturas con vídeos e músicas das dúas triloxías de George Lucas ou a remitir vídeos domésticos baseados na saga galáctica (que acadan moita popularidade na Rede), como polo eco que está a ter en moitas webs informativas e blogs, que non paran de falar do especial aniversario que provocou a mobilización por todo o mundo de seguidores das aventuras dos cabaleiro jedi, pero que en España teñen unha especial importancia, xa que a data se elixiu para celebrar o Orgullo Friki.
orgullo_friki_2007.jpgEste é o segundo ano no que se celebra o Día do Orgullo Friki, que nacía para reivindicar a figura das persoas que senten unha especial atracción por certas manifestacións culturais que inclúen a ciencia ficción, os comics, os debuxos animados, doazon_sangue_friki.jpgos xogos de rol, os videoxogos e mesmo certos estilos de música e roupa que se poderían considerarse alternativos. Aínda que a celebración se está a converter nunha festa para toda unha comunidade especialmente activa na Rede, de xeito que no momento de escribir estas liñas había máis dun milleiro de blogs facendo referencia a este día, do que tamén quixeron tirar proveito dende algúns portais de Internet coma Ozú, que organizou unha festa física en Madrid e outra virtual en Second Life.
Pero os fundadores desta iniciativa, que se agrupan na web OrgulloFriki.com, tampouco están quietos este ano, e promoven moitas actividades coma un book-crossing friki, festas de disfraces, campionatos de xogos de rol e mesmo doazóns de sangue.
Temos así que, aínda que esta celebración aínda sexa incipiente, é unha das que máis repercusión mediática está a acadar, polo que moitos frikis poderán avanzar no seu obxectivo final: “dominar o mundo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?