O GaiásTech acollerá unha xornada sobre ecosistemas de datos para destinos intelixentes
mércores, 20 de maio do 2026
O vindeiro 10 de xuño de 2026, o Centro GaiásTech da Cidade da Cultura acollerá a xornada Ecosistemas de datos para destinos intelixentes, un evento organizado pola Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) pensado para profesionais do turismo, administracións e axentes dixitais que queiran explorar como o uso de datos pode transformar a xestión turística en Galicia.
Durante a xornada, os asistentes coñecerán ferramentas e proxectos que permiten centralizar, analizar e explotar información clave sobre visitantes, tendencias e recursos turísticos, co obxectivo de mellorar a competitividade, eficiencia e sostibilidade dos destinos galegos.
O obxectivo é “situar a tecnoloxía e análise de datos como un eixo de innovación para a creación de valor no ámbito turístico”, sinalou AMTEGA.
O programa contará con relatorios e mesas de debate sobre plataformas intelixentes, e interoperabilidade de datos, así como sesións sobre tendencias tecnolóxicas aplicadas ao turismo. Entre os temas destacan exemplos de como os datos poden axudar a anticipar a demanda, optimizar a experiencia do visitante e crear novos servizos turísticos en Galicia. A xornada tamén inclúe espazos de networking para favorecer o intercambio de experiencias e boas prácticas.
Esta actividade enmárcase dentro das accións de GaiásTech, que buscan situar Galicia á vangarda da dixitalización turística e fomentar un modelo de destinos intelixentes baseados en información real e sostible.
As inscricións están dispoñíbles a través da páxina web do GaiásTech.
