O Galicia Podcast Summit celebrará a súa quinta edición en outubro

mércores, 17 de xuño do 2026 Marcus Fernández

Esta mañá o Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio acolleu a cuarta edición do Galicia Podcast Summit, un encontro para xuntar a creadores, profesionais do márketing, produtores, especialistas en comunicacións e apaixonados do podcasting e afondar no impacto da intelixencia artificial na creación, distribución e monetización dos contidos dixitais.
A actividade, á que se inscribiu máis de medio cento de persoas, estivo dividida en dous segmentos separados por unha pequena pausa para conversar entre os asistentes.
No primeiro segmento participaron María Gómez Domínguez (Da Néboa Podcast), Jonathan Martínez (Café de Lucus) e Anna Fuster (The Glow Up Journey). Unh grande diversidade de propostas, como un podcast especializado en artesanía galega, un podcast dunha empresa de hospedaxe web e un podcast de benestar e beleza (participando a súa creadora de xeito remoto), deixando claro que hai moitos nichos temáticos que explorar no podcasting..
No segundo segmento participaron a Lara Capeáns (Voz en Movimiento), Manolo Rodríguez (En1Minuto) e Eva González Vior (La hora de Datola). Nesta ocasión tamén houbo un grande contraste entre os podcasts presentados, pois o de Manolo Rodríguez rematou desembocando nun libro, o de Eva González é unha pata máis das que sostén o proxecto de Datola (como a recente celebración da Datolada) e Lara Capeáns deu conta dos micropodcasts promovidos a través de PrestoCasts.
A organización do encontro pechou a sesión anunciando que a quinta edición do Galicia Podcast Summit non se fará agardar tanto como a actual, xa que está programada para o vindeiro 14 de outubro.

Lara Capeáns falou do seu micropodcast publicado a través de PrestoCast
O público tamén tivo unha participación activa na xornada, con importantes achegas como as de Brais Calvo de Datola.
Anna Fuster particiou no encontro de xeito remoto
María Gómez deixou claro que sectores tan tradicionais como a artesanía tamén poden atopar no podcasting unha posta en valor.
Leo Menéndez anunciou que a quinta edición do Galicia Podcast Summit terá lugar o 14 de outubro