O Messenger de Facebook estrea versión para Windows 10
xoves, 10 de marzo do 2016
AÃnda que a nivel de smartphones Windows 10 non remata de
despegar, de cara a tabletas e ordenadores é un sistema operativo de grande
éxito, e pouco a pouco comezan a chegar ao mesmo aplicacións que os usuarios
demandaban, entre as que por fin está o Messenger
de Facebook, que estreouse en versión de proba, permitindo recibir
notificacións para non deixar pasar ningunha mensaxe, ver as mensaxes pendentes
nunha baldosa activa, enviar fotografÃas, vÃdeos e imaxes en formato GIF,
empregar adhesivos nas conversas, ver en que momento se viron as mensaxes,
crear grupos, reenviar mensaxes e fotografÃas a persoas que non forma parte
dunha conversa e buscar a persoas e grupos para poder contactar con eles
rapidamente.
Estamos asà ante unha primeira versión moi básica, á que aÃnda lle queda moito
para estar á altura de, por exemplo, a aplicación para Android, carecendo de
prestacións avanzadas como a posibilidade de realizar chamadas de voz ou de
vÃdeo. Queda asà bastante camiño para que podamos ver un Messenger para móbiles
con Windows 10 que poida dar o talle, pero que claramente está en camiño.
