O Outlook de Microsoft chega a iOS a través dunha nova aplicación
martes, 16 de xullo do 2013
- Dende hoxe a Outlook Web App está dispoñible para iPhone
A suite ofimática
de Microsoft continúa a avanzar na súa achega aos dispositivos móbiles de
Apple, e hoxe
estrea a aplicación OWA (Outlook Web App) en versións para iPhone
e para iPad,
que facilita aos subscritores de Office 365 o uso de numerosas prestacións de
Outlook dende smartphone ou o tablet. A nova ferramenta permite organizar o
correo electrónico, buscar entre as mensaxes recibidas, programar a axenda, ver
calendarios compartidos, buscar contactos... mantendo certas medidas de
seguridade precisas en contornos corporativos (permitindo, por exemplo, o
borrado remoto dos datos).
AÃnda que Windows Phone 8 ofrece numerosas prestacións dirixidas á integrarse
no fluxo de traballo con Outlook, para non deixar aos usuarios de iOS de lado
dende Microsoft decidiron lanzar aplicacións como esta (ou a de Office para iOS
que estrearon hai un mes). Deste xeito os clientes de Microsoft poden
manter a súa produtividade en calquera momento e lugar.
Esta nova ferramenta, pese a estar dispoñible para iOS, garda unha estética
máis propia de Windows Phone, e aÃnda que polo momento só está dispoñible para
clientes de Office 2013, está previsto que máis adiante poida empregarse por
parte de usuarios de clientes de servidores Exchange.
- Imaxe da versión para iPad da nova aplicación