O Xbox Game Pass sube o seu prezo ata un 50%
mércores, 1 de outubro do 2025
Non conformes coa suba de prezos do Games Pass do 12 de setembro de 2024, Microsoft renovou Xbox Game Pass con tres novos plans que xa están dispoñibles en España (Essential, Premium e Ultimate) e supoñen unha importante suba de prezos. Os actuais subscritores verán como o cambio no modelo de subscrición lle aplica de xeito automático: quen teña Game Pass Core pasa a Essential, os usuarios de Standard migran a Premium e os de Ultimate mantéñense no mesmo plan, agora con máis vantaxes.
Ultimate: a experiencia máis completa
O plan Ultimate dá acceso a máis de 400 xogos en consola, PC e nube, incluÃndo lanzamentos de dÃa un de Xbox e de terceiros. A subscrición inclúe EA Play e Ubisoft+ Classics, ademais de Fortnite Crew a partir do 18 de novembro. O catálogo medra con máis de 75 xogos de dÃa un ao ano, entre eles Call of Duty: Black Ops 7, The Outer Worlds 2 ou Ninja Gaiden 4.
Os xogadores tamén obteñen mellora no streaming ata 1440p, tempos de espera reducidos na nube, vantaxes en xogos como League of Legends ou Call of Duty: Warzone e ata 100.000 puntos Rewards anuais (equivalentes a 100 euros na tenda).
O prezo desta subscrición pasa de 17,99 a 26,99 euros/mes.
Premium: máis xogos e flexibilidade
O plan Premium ofrece máis de 200 xogos en consola, PC e nube, incluÃndo tÃtulos recentes como Diablo IV ou Hogwarts Legacy. Os novos xogos publicados por Xbox incorpóranse ao catálogo no prazo de 12 meses tras o seu lanzamento (con excepción de Call of Duty).
Tamén permite xogo multixogador en liña, beneficios en xogos como Rainbow Six Siege ou League of Legends, e Rewards de ata 50.000 puntos ao ano (50 euros).
O prezo desta subscrición é de 12,99 euros/mes, coa posibilidade de probala durante 14 dÃas por 1 euro.
Essential: o punto de entrada
Essential é a porta de acceso a Game Pass, con máis de 50 xogos dispoñibles en consola, PC e nube, entre eles Hades, Cities: Skylines Remastered ou Warhammer 40,000: Darktide. Inclúe tamén xogo multixogador en liña, vantaxes en xogos como Overwatch 2 ou Call of Duty: Warzone, e Rewards de ata 25.000 puntos anuais (25 euros).
Este plan básico pasa de 6,99 a 8,99 euros/mes.
Novos xogos dispoñibles
Microsoft acompañou o lanzamento destes plans cunha vaga de incorporacións ao catálogo. En Ultimate destacan sagas completas de Assassin’s Creed e tÃtulos como Skull and Bones ou The Crew 2. Premium suma novidades como Senua’s Saga: Hellblade 2, Frostpunk 2 e Warcraft III: Reforged, mentres que en Essential entran Disney Dreamlight Valley e Hades.
VÃdeo promocional do novo Xbox Game Pass
