O fútbol televisado tamén pode contratarse por streaming
martes, 16 de agosto do 2016
O ano pasado, en plena guerra polos dereitos futbolÃsticos,
causou certo rebumbio que operadores como R quedaran fóra de xogo por primeira
vez na historia da compañÃa, polo que os usuarios que quixeran gozar da Liga e
outros encontros tiñan que recorrer a alternativas entre as que habÃa algunha
baseada na Internet, entre as que destacaba VeoFútbol, plataforma de televisión
en liña de Telecable que destacaba por ofrecer numerosos paquetes con contidos
de fútbol con independencia do noso operador e con prezos bastante axustados,
pero que finalmente vén de mudar de nome para fusionarse coa plataforma multi-dispositivo de Telecable,
nunha fusión de marcas que fai que agora
VeoFútbol responda simplemente polo nome de Tedi.
Tedi é un servizo sen compromiso de permanencia, que non está ligado a un fogar
determinado e con grande flexibilidade de plans, e que aÃnda que nun principio
distribúese a través da Internet (podendo verse a través dun ordenador, unha
tableta ou un smartphone), para facilitar o goce do servizo no televisor, a
propia compañÃa tamén ofrece a 60 euros unha tediBox, un pequeno trebello con
Android que poden conectarse ao televisor por HDMI e á Internet por Wi-Fi ou
Ethernet, de xeito que facilita a reprodución de contidos en liña en pantalla
grande.
A oferta de Tedi achega El Partidazo
por 4,95 euros/mes, La Liga 1|2|3 (10 partidos de segunda división por xornada)
por 6,95 euros/mes, beIN Sports (UEFA Champions League, UEFA Europa League e
outras competicións internacionais) por 9,95 euros/mes e beIN LaLiga e LaLiga
1|2|3 por 9,95 euros/mes. Unha oferta moi agresiva que agradecerán os que non
poidan contratar o fútbol co seu operador habitual ou non desexen mudar o seu
contrato por mor do fútbol.
