O futuro da banda larga europea está a probarse en Galicia
luns, 3 de decembro do 2012
Novos
servizos como a televisión en ultra alta definición ou a videoconferencia precisan
dun acceso moito máis rápido a Internet do que está dispoñible en Europa
actualmente, e para competir con paÃses como Corea do Sur e Xapón, Europa
necesita dispor dunha conexión de 30 Mbps para todos os seus cidadáns e que,
polo menos, o 50% das casas europeas con conexión a Internet teñan máis de 100
Mbps no 2020. Esta meta, incluÃda dentro da Axenda Dixital para Europa que
promove a Comisión Europea, é, sen dúbida ningunha, moi ambiciosa e requirirá
de melloras nas comunicacións de banda ancha satelitais e terrestres
nos territorios de toda Europa.
Este aumento de banda ancha non só permitirÃa mellorar considerablemente os
servizos anteriormente citados, senón que constituirÃa un salto xeracional nas
comunicacións e permitirÃa unha cobertura moito maior en zonas de difÃcil
acceso, como as rurais. As caracterÃsticas xeográficas e a dispersión
poboacional propias de Galicia fan da nosa Comunidade o campo de probas
perfecto para os ensaios da futura banda ancha europea.
Con este
obxectivo remata de arrincar o proxecto BATS (Broadband
Access via Integrated Terrestrial & Satellite Systems),
financiado polo 7º
Programa Marco da Unión Europea e de cuxo consorcio forma parte Gradiant.
Este consorcio europeo mantivo a súa primeira reunión de traballo hai unha
semana en Londres.
Ademais do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, tamén
forman parte deste consorcio prestixiosas entidades europeas do sector espacial
como Avanti Communications, o Centro Aeroespacial Alemán (DLR), Thales
Alenia Space ou o InstitutoFraunhofer. Entre os quince socios encóntrase
tamén o operador galego R, que xunto con Gradiant terá un papel
importante nas probas de campo do proxecto, a realizar en Galicia ademais de
Alemaña. En representación galega, tamén forma parte do consorcio a firma Optare Solutions.
O proxecto céntrase na integración de servizos de banda ancha terrestres e por
satélite para que a experiencia de usuario poida ser moito mellor que a que se
consegue na actualidade, especialmente naquelas zonas con difÃcil cobertura.
Gradiant, seguindo coa súa aposta neste sector, traballará na definición do
sistema, as probas de campo e nos satélites de nova xeración.

- Gradiant participou en novembro nunha xuntanza do proxecto BATS en Londres
