O iPhone SE poderÃa mudar a súa nomenclatura
xoves, 2 de xaneiro do 2025
Hai uns dÃas que o iPhone SE de terceira xeración desapareceu das tendas de Apple por carecer de carga por USB-C, xunto cos iPhone 14 e 14 Plus, deixando o catálogo da compañÃa da mazá sen smartphones económicos (o modelo máis barato serÃa o iPhone 15 con 128 GB de capacidade a un prezo de 859 euros).
PrevÃase que para solucionar a situación Apple lanzase unha nova versión do iPhone SE no primeiro trimestre de 2025, pero dende unha das contas dedicadas a publicar filtracións a través de X aseguran que non veremos un iPhone SE de cuarta xeración, senón que o novo móbil de Apple serÃa un iPhone 16E, cun deseño semellante ao do iPhone 14 e cun botón de acción, vendéndose en cor branca e negra.
Dende China xa se comentaba que o novo teléfono económico de Apple serÃa o iPhone 16e, o que suporÃa un cambio bastante importante, xa que até o momento os iPhone SE tiñan o seu propio ritmo de actualizacións (dende 2016 só saÃron 3 modelos) e ao asociarse o seu nome á xeración actual de iPhone poderÃa entenderse que a súa intención serÃa a de renovar o modelo anualmente.
Cómpre salientar que estamos ante información non oficial, e incluso haberá a quen lle resultarÃa rechamante que Apple realizarse tal cambio de polÃtica de actualizacións e nomenclaturas, especialmente porque a propia Samsung xa realizou algo semellante no pasado (en 2019 lanzou o Galaxy S10e como a versión económica da súa nova gama) con pouca fortuna (actualmente os modelos económicos saen bastante máis tarde do lanzamento dos modelos insignia, tendo incluso pouco sentido ao poder conseguirse estes a prezos rebaixados, facendo pouco atractiva a versión supostamente económica).